uxafores

A UXAFORES está formada por un conxunto de investigadores dedicados a mellorar o coñecemento no ámbito do medioambiente e, especialmente no ámbito forestal.

Neste último traballan nun amplio rango de temas relacionados cos árbores e as masas forestais, estudando a súa xestión, o seu crecemento e produción, os riscos aos que están sometidos (incendios, pragas), os suelos que os sustentan e os produtos finais que se obteñen do seu aproveitamento.

No ámbito do medioambiente se traballa na identificación de distintos contaminantes e na proposta de medidas para retelos e evitar a súa entrada na cadea trófica a través do uso de residuos/subprodutos que poderían actuar como adsorbentes. Tamén se traballa na restauración de espazos degradados, fundamentalmente por actividades mineiras.

Modelización do crecemento e a produtividade forestal.

Investigadores principais: Álvarez González, J.G., Diéguez Aranda, U., Rodríguez Soalleiro, R., Rojo Alboreca, A.

Liñas:

  • Calidade da estación, modelización e relación con parámetros da estación
  • Distribucións diamétricas
  • Funcións de perfil e tarifas de cubicación con clasificación de produtos, implementados en programas informáticos
  • Funcións de mortalidade
  • Funcións de predición e proxección da área basimétrica
  • Influencia da competencia no crecemento forestal
  • Influencia de patóxenos no crecemento forestal
  • Modelos dinámicos de crecemento para distintas especies implementados en programas informáticos de xestión
  • Compatibilidade de modelos a varias escalas
  • Combinación de imaxes aéreas e satelitais, LiDAR aéreo e terrestre e datos de campo para o inventario forestal e monitorización dos recursos naturais
  • Inventarios forestais a gran escala e cartografía de existencias mediante teledetección
  • Monitorización de cambios nos bosques debidos a actividades de deforestación e degradación forestal e de perturbacións naturais mediante teledetección
  • Clasificación e división en rodais de bosques en virtude de características homoxéneas das masas forestais mediante teledetección
  • Monitorización e identificación de lugares de particular interese para determinados usos do monte mediante teledetección
  • Estimación das principais variables dasométricas a nivel de árbore e de masa mediante teledetección

Xestión forestal

Investigadores principais: Álvarez González, J.G., Diéguez Aranda, U., Riesco Muñoz, G., Rodríguez Soalleiro, R., Rojo Alboreca, A.

Liñas:

  • Aplicacións informáticas de axuda á toma de datos e ao cálculo de resultados dos inventarios forestais
  • Sistemas informáticos de xestión para a elaboración e seguimento dos proxectos de ordenación de montes, integrados nun SIX (Sistema de Información Xeográfica)
  • Desenvolvemento de métodos de ordenación para zonas protectoras e espazos naturais protexidos
  • Ensaios de claras en masas de distintas especies
  • Diagramas de manexo da densidade de diferentes especies
  • Crecemento inicial, estado nutricional e problemas sanitarios en plantacións de castiñeiro.
  • Posibilidades de aplicación dos métodos CCF (Continuous Cover Forestry) aos montes do norte de España
  • Agrupacións de xestión forestal conxunta
  • Outros aproveitamentos do monte: aproveitamento micolóxico

Biomasa forestal, plantacións enerxéticas e fixación de carbono.

Investigadores principais: Álvarez González, J.G., Merino García, A., Rodríguez Soalleiro, R., Rojo Alboreca, A.

Liñas:

  • Estimación da biomasa forestal en diferentes especies (arbóreas e arbustivas) e baixo distintos tratamentos
  • Plantacións forestais de quenda curta para a obtención de materia prima para a industria e/ou enerxía
  • Estimación do secuestro de carbono polas masas forestais
  • Contido de carbono en solos

Solos: nutrición, contaminación e rehabilitación

Investigadores principais: Álvarez Rodríguez, E., Barreiro Buján, A.I., Fernández Marcos, M.L., Fernández Sanjurjo, M.J., Merino García, A., Núñez Delgado, A., Rodríguez Soalleiro, R., Souza Alonso, P.

Liñas:

  • Diagnose nutricional a través da análise de solos e vexetación
  • Fertilidade do solo e fertilización
  • Ciclos bioxeoquímicos e da materia orgánica
  • Labranza do solo. Efectos do manexo do solo
  • Revalorización de residuos e subprodutos no ámbito agroforestal e ambiental
  • Contaminación do solo por metais pesados e contaminantes emerxentes
  • Conservación do solo
  • Restauración e descontaminación de solos e augas
  • Papel do solo no cambio climático: biodiversidade de microorganismos e gases de efecto invernadoiro
  • Solos tropicais
  • Resposta da comunidade microbiana do solo ao distinto manexo agro-forestal e a presenza de contaminantes emerxentes

Certificación forestal.

Investigadores principais: Rojo Alboreca, A.

Liñas:

  • Xestión forestal sostible en Galicia
  • Impactos ambientais, sociais e económicos da certificación forestal
  • Desenvolvemento de aplicacións para facilitar a certificación forestal

 

Investigación operativa aplicada á xestión forestal.

Investigadores principais: Diéguez Aranda, U., Rojo Alboreca, A.

Liñas:

  • Toma de decisións por análise multicriterio con elaboración de software
  • Optimización por programación lineal

 

Propiedades da madeira.

Investigadores principais: Riesco Muñoz, G.

Liñas:

  • Influencia da silvicultura e a estación forestal na calidade da madeira
  • Caracterización física da madeira procedente de claras e de cultivos clonais
  • Influencia dos fungos cromóxenos nas propiedades da madeira maciza

Análise de estruturas de madeira.

Investigadores principales: Guaita Fernández, M.

Liñas:

  • Simulación numérica por elementos finitos da capacidade de resistencia da madeira para a construción
  • Optimización e cálculo de estruturas de madeira e as súas unións
  • Caracterización mecánica de madeira con fins estruturais
  • Aplicación de técnicas non destrutivas para avaliación da madeira estrutural
  • Estudo de comportamento de sistemas estruturais de madeira mediante ensaios mecánicos
  • Aplicación de técnicas de fotogrametría (Correlación dixital de imaxes DIC) para estudo do comportamento da madeira estrutural
  • Desenvolvemento de produtos innovadores para a construción en madeira
  • Avaliación do encolado en produtos de madeira técnica
  • Formación e docencia en cálculo de madeira estrutural
  • Estimación da pegada de carbono en produtos estruturais de madeira

 

Sanidade forestal.

Investigadores principais: Lombardero Díaz, M.J.

Liñas:

  • Efectos dos insectos prexudiciais na calidade, crecemento e produción das masas forestais
  • Especies invasoras
  • Dinámica de poboacións de insectos forestais: efectos da temperatura, calidade nutritiva e sistema defensivo das plantas, microorganismos e fauna asociada no crecemento, supervivencia e reprodución de insectos forestais, especialmente no contexto actual de cambio global

Incendios forestais.

Investigadores principais: Álvarez González, J.G., Ruiz González, A.D.

Liñas:

  • Modelización da humidade de combustibles mortos en formacións vexetais arboradas e non arboradas
  • Determinación de patróns estacionais de variación da humidade de combustibles vivos e formación vexetais arboradas e non arboradas
  • Modelización de características estruturais do complexo de superficie determinantes da súa inflamabilidade e combustibilidade
  • Modelización de características estruturais do dosel arbóreo determinantes do risco de inicio e de propagación do lume polas copas
  • Catalogación de “situacións de combustible” en base aos criterios da “Fotoguía de combustibles forestales de Galicia y comportamiento del fuego asociado”
  • Avaliación da efectividade de tratamentos silvícolas na redución do comportamento do lume
  • Efecto dos incendios sobre os solos forestais
  • Teledetección aplicada aos incendios forestais

 

Uso de cookies

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Máis información Aceptar