Novas breves: primavera 2021

Novas teses defendidas en novidades na actividade relacionada con PEMADE e a madeira estrutura

Tres novas teses de doutoramento foron defendidas no primeiro cuadrimestre desde ano na USC e outra na UJED con participación de membros de UXAFORES

A tese titulada “Caracterización do combustible do dosel arbóreo mediante sensores remotos e avaliación do efecto das claras sobre o comportamento e severidade potenciais do lume en piñeirais do NO de España”, á que xa adicamos unha nova anterior, foi defendida en xaneiro polo seu autor Stéfano Arellano.

No mes de febrero defendeuse na Universidade Juárez do Estado de Durango (México) a tese titulada “Simulador de crecemento forestal para o manexo de rodais no estado de Durango” sendo o seu autor Jaime Briseño Reyes e dirixida polo investigador de dito centro e colaborador de UXAFORES Dr. José Javier Corral e codirixida polo profesor Dr. Ulises Diéguez.

A tese titulada “Estériles piríticos de mina: Avaliación de distintas técnicas de restauración e estudo comparativo do potencial de adsorción de contaminantes” foi defendida no mes de marzo pola súa autora Ivana María Rivas Pérez. Este tese foi dirixida por tres investigadoras da USC, dúas das cales pertenecen a UXAFORES, a profesora Dra. Mª. Josefa Fernández e a catedrática Dra. Esperanza Álvarez. Aborda o estudo da restauración da mina a ceo aberto das Pontes de García Rodríguez (A Coruña) mediante a selección de materiais estériles con baixo contido pirítico que proporcionan as condicións físico-químicas máis favorables para o desenvolvemento vexetal a curto e longo prazo.

Para rematar, a tese titulada “Determinación das propiedades mecánicas e de fractura en madeira de Eucalyptus globulus para análise mediante simulación numérica” foi defendida no mes de abril polo su autor Jorge Crespo. Foi realizada no seo de PEMADE e dirixida polo seu coordinador o catedrático Dr. Manuel Guaita en colaboración coa profesora da Universidade Politécnica de Madrid Dra. Almudena Majano.

Nos seguintes enlaces pode atoparse máis información sobre as teses de doutoramento defendidas na USC publicada no “Xornal da USC”.

“A EPS de Enxeñaría achega novas ferramentas para avanzar na loita contra os lumes forestais“

“A selección de estériles, unha alternativa eficiente para restaurar superficies mineiras”

O traballo realizado por Daniela Filipa Lourenço titulado “Desenvolvemento e optimizaicón de sistemas construtivos celulares innovadores para a construcción sostible (Life EcoTimberCell)” recibíu o galardón da V convocatoria de Premios a traballos fin de frao sobre Enxeñaría e Muller Rural. Este traballo foi realizado no seo de PEMADE e dentro do proxecto da Unión Europea “Ecotimbercell”. E consiste no desenvolvemento, a optimización e a validación de sistemas construtivos mediante a xeración de ferramentas de cálculo que permitiron analizar o seu comportamento en distintas situacións. Unha vez validadas estas ferramentas compáranse os sistemas innovadores presentados e os que se viñan usando tradicionalmente na construción en madeira para obter conclusións sobre onde será máis útil e competitivo o uso dos sistemas LIFE EcoTimberCell.

Ademáis na iniciativa da Asociación Forestal de Galicia-AFG “Conversas sobre bioeconomía forestal” pertencente ao proxecto Interrreg “Biotecfor” pódese escoitar a aportación do director de PEMADE Dr. Manuel Guaita sobre o porqué a madeira estrutural é un área de bionegocio e ver as instalación do seu laboratorio en funcionamento (enlace).

Uso de cookies

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Máis información Aceptar