Bioeconomía del Salix

Contratos de investigación financiados con fondos públicos

Cod., tit.: 2017-CE214, Bioeconomía do Salix
Fin: INTASA S.A. (con cargo ao proxecto FEADER 2017/019A, Axudas para o apoio de proxectos piloto para o desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías no ámbito agroforestal cofinanciadas con Feader no marco do PDR de Galicia 2014-2020 da Xunta de Galicia)
Dur: 1/09/2017-15/10/2020
C.: 47.715€
I.P.: Rojo Alboreca, A.

 

Obxectivos

O obxectivo xenérico do proxecto é innovar na obtención de  bioproductos mediante a  biorrefinería do salgueiro, avaliando as posibilidades das plantacións de quenda curta e alta densidade con material mellorado da especie como alternativa económica e ambientalmente beneficiosa para moitos terreos de Galicia abandoados ou infrautilizados, ou como complemento para explotacións agrogandeiras que precisen diversificar con alternativas máis ambientais (filtro de efluentes, etc.).

Resultados

Realizáronse e analizáronse varias plantacións demostrativas de salgueiros en quendas de rotación curta e altas densidades, co clon Terranova, nos municipios de San Sadurniño e Mesía (A Coruña). Elaboráronse diferentes tarifas de biomasa seca total, de madeira e de cortiza. Ademais, puxéronse a punto as metodoloxías de  biorrefinería para a obtención de diversos  bioproductos do salgueiro:  xilitol a partir da madeira, e  taninos condensados a partir da cortiza. O proxecto demostrou que as plantacións de  Salix  spp. en quendas de curta rotación e altas densidades poden ser unha alternativa economicamente viable e ambientalmente responsable para moitos terreos de Galicia actualmente abandonados ou infrautilizados.

Resultados parciales do proxecto poden encontrarse en: Pérez López, Cristian. 2019. Productividad de plantaciones de turno corto de Salix spp. en Galicia. Traballo Fin de Máster para a Titulación do Máster en Enxeñaría de Montes. Convocatoria de setembro de 2019. Escola Politécnica Superior de Enxeñaría, Lugo, Universidade de Santiago de Compostela. 72 pp.

Uso de cookies

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Máis información Aceptar