uxafores

Quen somos?

A Unidade de Xestión Ambiental e Forestal Sostible (UXAFORES) é un grupo de temática forestal e medioambiental que realiza actividades de investigación, así como traballos e proxectos para empresas, particulares e Administracións Públicas. Ten a súa sede na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría, no Campus de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela.

Historia

En 2001 unha serie de profesores pertencentes aos actuáis Departamentos de Enxeñaría Agroforestal, Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría, Edafoloxía e Química Agrícola fundaron o grupo de investigación Unidade de Xestión Forestal Sostible (UXFS). No ano 2002 foi incluído no Catálogo de Grupos de Investigación da USC (código GI-1837) e no 2009 no Catálogo de Grupos de Investigación pertencentes ao Sistema Público de I+D+I de Galicia (código 09IDI1794).

No ano 2019, a raíz da ampliación dos seus temas de investigación, cámbiase a súa denominación de UXFS a UXAFORES.

No ano 2008 iniciou o seu funcionamento a “Plataforma de Enxeñaría da Madeira Estrutural - PEMADE” dirixida polo membro de UXAFORES Manuel Guaita Fernández, como parte da “Rede de Infraestruturas de Apoio á Investigación e ao Desenvolvemento Tecnolóxico RIAIDT” da USC. Inclúe un “Aula de formación” e un “Laboratorio de Enxeñaría Estrutural” que dan apoio docente, investigador e de servizos na enxeñaría da madeira con fins estruturais. En 2018 aprobouse por parte da GAIN a creación da unidade mixta de investigación EIXO entre PEMADE e a empresa Financiera Maderera, S.A. FINSA.

A calidade das actividades realizadas por UXAFORES ten sido recoñecida pola Consellería correspondente da Xunta de Galicia a través da concesión das axudas como Grupo de Investigación de Referencia Competitiva do Sistema Universitario de Galicia nos períodos 2006-2009, 2011-2013, 2014-2017 e 2019-2021 (axuda con cofinanciamento do FEDER nos dous primeiros períodos) e a través dos diversos premios obtidos.

Na actualidade UXAFORES forma parte, xunto con outros dezaseis grupos de investigación da USC, da Agrupación Estratéxica do Sistema Universitario de Galicia “BioReDes-Xestión e produción sostible de Biorecursos” financiada pola Consellería de Educación, Universidade e F.P. da Xunta de Galicia.

Persoal

UXAFORES está composta por profesores doutores enxeñeiros de montes, enxeñeiros agrónomos, biólogos, químicos e farmacéuticos e un grupo variable de persoal en formación e de apoio, así como colaboradores de diferentes universidades, centros de investigación e empresas españolas e estranxeiras. Na actualidade está coordinada polo catedrático Roque Rodríguez Soalleiro.

Coñeza ao noso equipo

uxafores

Investigación

A actividade investigadora dos membros de UXAFORES desenvólvese a través da dirección e participación en proxectos de investigación con financiamento europeo, nacional e autonómico, en colaboración con investigadores doutras universidades e centros de investigación nacionais e estranxeiros.

Coñeza a nosa actividade de investigación

Transferencia e difusión

Dende o inicio da súa actividade, UXAFORES quixo transferir os coñecementos adquiridos a través da súa actividade investigadora ás empresas e administracións vinculadas ao sector forestal e ao medio ambiente.

Coñeza a nosa actividade de transferencia

Actividade

Os membros de UXAFORES desenvolven a súa actividade dentro das seguintes liñas de investigación

  • Modelización do crecemento e a produtividade forestal
  • Xestión forestal
  • Biomasa forestal, plantacións enerxéticas e fixación de carbono
  • Solos e nutrición forestal
  • Certificación forestal
  • Investigación operativa aplicada á xestión forestal
  • Propiedades da madeira
  • Análise de estruturas de madeira
  • Sanidade forestal
  • Incendios forestais

Coñeza as nosas liñas de investigación

Servicios

Os servizos ofertados por UXAFORES ás empresas, os particulares e as administracións son os seguintes:

  • Estudos: tarifas de cubicación, táboas de produción, inventarios forestais, proxectos de ordenación de montes, plans técnicos, diagnose nutricional e de fertilización forestal, avaliacións da biomasa forestal e do secuestro de carbono, informes sobre certificación forestal, etc.
  • Elaboración de aplicacións informáticas para o inventario, a xestión forestal, etc.
  • Análise de estruturas de madeira a través da Plataforma da Madeira Estrutural PEMADE
  • Análise de solos, augas e mostras vexetais
  • Diagnose de deficiencias e toxicidades
  • Recomendacións de manexo de solos forestais e agrícolas
  • Avaliacións fitosanitarias e sistemas de control de pragas
  • Inventarios e caracterización de combustibles forestais, avaliacións de risco potencial de incendio forestal, planificación de actuacións de xestión del combustible
  • Elaboración de libros, manuais prácticos ou documentación de divulgación forestal

Uso de cookies

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Máis información Aceptar