Novas breves: outono 2020

Novos proxectos sobre os incendios aprobados, outro premio para a futura spin-off “Timbersoul” e presentada unha ferramenta para o cálculo estrutural

Dous novos proxectos dirixidos polo catedrático Agustín Merino relacionando os incendios forestais e o seu impacto na sociedade foron aprobados nos últimos meses. Un deles é un proxecto da alianza estratégica para a educación superior Erasmus +KA203 titulado “Aprendizaxe servizo para mellorar a formación e a empleabilidade na xestión dos lumes no sur de Europa, FacingFIRE” desenvolvido  con centros españois e centros de Portugal, Grecia e Italia. Este proxecto foi presentado ao público na USC e  pode atoparse máis información sobre esta presentación e o proxecto en si mesmo no sitio web da USC.

Así mesmo, aprobouse unha acción para promover a cultura científica, tecnolóxica e da innovación concedida pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía- FECYT. Este proxecto titulado “Plantando cara ao lume” desenvolverase  xunto con universidades españolas (UCLM, UCO), centros de investigación (INIA, CIF de Lourizán, IIAG-CSIC) e administracións públicas (Xunta de Galicia). Un breve resumo do proxecto e os seus obxectivos pode consultarse na Web da FECYT.

A futura spin-off “Timbersoul” obtivo o terceiro premio da Sexta edición do concurso de proxectos empresariais “Semente Ribeira Sacra” que está organizado pola Asociación Semente de Monforte e o Instituto para a Promoción Económica de Galicia -IGAPE.

Por último, en outubro foi presentada ao público a ferramenta web Trabe para o cálculo estrutural de produtos en madeira “Dimensionado de estruturas de madeira segundo o Código Técnico da Edificación (CTE)”. Esta ferramenta foi desenvolvida no marco do convenio “Madeira en Valor” entre a Axencia Galega da Industria Forestal da Xunta de Galicia-XERA e USC  a través da Plataforma de Enxeñaría da Madeira Estrutural (PEMADE). Servirá de apoio á toma de decisións do prescritor para unha instalación en condicións de calidade e seguridade e inclúe as principais especies forestais galegas impulsando o produto local de madeira de calidade.

Uso de cookies

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Máis información Aceptar