Presentación da app EucaTool nun congreso internacional sobre modelización
Presentación de EucaTool no congreso ISEM2019 celebrado en Austria no mes de outubro.
EucaTool® 1.1 foi presentado no The International Society for Ecological Modelling Global Conference 2019 ( ISEM2019) celebrada en Salzburgo (Austria) do 1 ao 5 de outubro de 2019 e organizada por Elsevier. A nova versión desta aplicación gratuíta de software “na nube”, que permite estimar o crecemento e a produción de plantacións de semente e clonales de Eucalyptus globulus de primeira quenda en Galicia, inclúe actualizacións a nivel de rendemento e a posibilidade de utilizala en inglés e galego.
A actualización foi realizado por parte da empresa föra forest technologies, colaboradora habitual de UXAFORES.
Web de EucaTool: http://app.eucatool.com/
