Resultados do Subproxecto Combustibles (FuelsApp)
O subproxecto “Proba de concepto” PDC2021-120845-C55 (Combustibles (FuelsApp) foi liderado por membros do grupo de investigación UXAFORES e financiado por MCIN/AEI/10.13039/501100011033 no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR) financiado pola Unión Europea -NextGenerationEU.

Foi desenvolvida unha calculadora de combustibles forestais e do comportamento do lume asociado específica para comunidades desarboradas e piñeirais de Galicia. A calculadora, que complementa á actual Foto-guía, está dispoñible en dúas modalidades: versión web e aplicativo EXCEL.
Os modelos de estimación de cargas de combustible implementados baséanse en máis de mil parcelas cunha mostraxe destrutiva realizadas polo Centro de Investigación Forestal (CIF) de Lourizán.