Xa están dispoñibles as actividades de transferencia na nosa Web
Dispoñibles novos contidos sobre a actividade de transferencia e difusión do grupo UXAFORES dende 2002.
Dende hoxe están dispoñibles no noso sitio web novos contidos sobre a nosa actividade de transferencia e difusión.
Na nova etiqueta “transferencia” pódense atopar a relación de software realizado e información sobre os rexistros da propiedade intelectual e as patentes realizadas. Así mesmo, pódense consultar as actividades de transferencia organizadas coa documentación correspondente ás xornadas de transferencia UXFS realizadas en anos pasados. Por último, poden consultarse os premios recibidos por actividades de transferencia e os contratos de investigación financiados con fondos públicos.