Próxima sinatura dun convenio de colaboración entre a Xunta e as universidades de Santiago e de Vigo para o desenvolvemento do Inventario Forestal Continuo de Galicia
O día 13 de febreiro na rolda de prensa do Consello da Xunta de Galicia o presidente Alberto Núñez Feijóo, anunció a autorización da firma dun convenio de colaboración entre a Xunta e as dúas universidades para o desenvolvemento dun Inventario Forestal en Galicia de actualización anual.
O Inventario Forestal Nacional proporciona estimacións do estado das masas forestais de toda España cunha periodicidade de 10 anos. Este inventario detallado e anual deseñado específicamente para as condicións do medio forestal galego xustifícasw polas características deste, como o seu elevado crecemento, a dispersión da propiedade en parcelas de pequeña superficie e a demanda de información a escala reducida. Dispor deste inventario fará máis doado obter datos para a investigación o que permitirá a súa vez, crear unha estratexia de apoio as decisión en materia de política forestal.
Ademais, a creación permitirá por en marcha o Plan de recuperación de soutos tradicionais localizando a superficie destinada ao castiñeiro, cuantificar o seu estado de desenvolvemento e monitorizar a súa evolución.
O inventario basearase na información que se obteña mediante a medición de parcelas de campo coa asistencia da información capturada mediante sensores remotos. Neste proxecto colaboran UXAFORES (USC) e as Áreas de Enxeñaría Agroforestal e Enxeñaría Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría da Escola de Enxeñaría Forestal (Universidade de Vigo).
O orzamento para este convenio que durará tres anos é de 640.000€, dos cales 574.000 serán aportados pola Consellería do Medio Rural e o resto polas dúas universidades.
Enlaces a novas relacionadas:
18/02/2020. Novas ferramentas para o monte galego
Xornal USC